Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
Cerceda  |  Frades  |  Mesía  |  Ordes  |  Oroso  |  Tordoia  |  Trazo

Igrexa e Cruceiro de San Xoán de Campo

Igrexa de orixe románica (século XII) que aínda conserva moitos elementos da súa arquitectura primitiva: a cantería nas fachadas frontal, posterior e nalgunhas partes laterais. A planta é rectangular coa parte correspondente á capela maior máis estreita e de menor altura, e dúas estancias engadidas nun lateral que fan desaparecer a simetría inicial. Como recordo da factura románica permanece gran parte da cabeceira así como algúns canzorros orixinais –outros son réplicas en cemento- e o arco cego da fachada posterior flanqueado por columnas que xa aparece noutras igrexas da zona. O dito arco interrompe unha moldura que percorre a fachada e desemboca nos beirais dos muros laterais. No interior tamén se conservan o arco triunfal, que separa a nave do presbiterio, sostido por rústicas columnas con capitel vexetal pegadas ao muro, e algún outro elemento, como unha pía de auga bendita. Outro arco, de características similares ao xa citado, repítese no fondo da capela maior. A cuberta interior está formada por unha estrutura de cimbros de madeira e a exterior por un tellado a dobre vertente. Presenta coro elevado de madeira nos pés. A fachada principal, de gran sobriedade, utiliza o esquema compositivo tradicional con porta, van e espadana, neste caso de dous vans, situados nun mesmo eixe central.

Cruceiro: De cantería sobre tres chanzos sobre os que se asenta a base. Varal liso octogonal que comeza cadrado con paramentos recadrados. Capitel toscano rematado cunha cruz  cuadrangular con remates en forma aforquitada coa representación do Cristo crucificado, no anverso, e o tema da Piedade no reverso. Inscrición no pedestal dificilmente lexible.    

Onde queres ir?
Categoría

Cerca de Igrexa e Cruceiro de San Xoán de Campo
Casa reitoral de San Xoán de Campo - Patrimonio Civil
Trazo (0.03 km)
Cruceiro de Campo - Arquitectura Relixiosa
Trazo (0.08 km)
Morlán - Parroquias
Trazo (1.97 km)
Igrexa e Cruceiro de Santa María de Morlán - Arquitectura Relixiosa
Trazo (2.10 km)
Capela de San Bieito de Viaño Pequeno - Arquitectura Relixiosa
Trazo (2.58 km)