Logotipo Mancomunidade de Ordes
Idioma: Galego                 Contacto  |   Enderezos e teléfonos de interese  |   Sala de prensa
          
Servizos MancomunadosNovasAxendaTurismo (que visitar)AloxamentosRestaurantes e Gastronomía Sede Electrónica
Cerceda  |  Frades  |  Mesía  |  Ordes  |  Oroso  |  Tordoia  |  Trazo

Campo de tiro Sociedade Deportiva Río Sar

A Sociedade Deportiva Río Sar é unha sociedade deportiva sen ánimo de lucro, dependente das federacións galegas de caza e tiro olímpico.

A súa é unha actividade meramente lúdica na práctica do tiro deportivo con armas de caza, nas modalidades de Foso Olímpico, Foso Universal, Dobre Trap Olímpico, Percorridos de Caza e Compak-Spórting, principalmente, ademais doutras posibles actividades relacionadas co tiro.

A Sociedade Deportiva Río Sar constitúese no ano 1972 e as súas primeiras instalacións estiveron situadas en San Lázaro, lugar no que actualmente está o Estadio Multiúsos.

No ano 1992, tras a expropiación de San Lázaro para construír o actual estadio, a Sociedade adquire uns terreos de 95.000 m2 en Vilouchada, no concello de Trazo, a escasos 10 km da capital de Galicia, buscando sempre como referente a proximidade de Santiago. Dispón dunha casa-chalé con terraza, na que se atopan situadas as oficinas, o almacén e servizos de cafetería e restaurante, así como varias canchas de tiro totalmente automatizadas, tanto de tiro cinexético (percorridos de caza e percorridos en cancha) como de tiro olímpico (foso) e tiro ao voo, casetas de almacenaxe de máquinas e pratos, unha ampla zona delimitada para os/as espectadores/as, espazo para nenos e nenas, e aparcamento dentro e fóra do recinto. As instalacións están totalmente valadas.

Na data da súa creación, a Sociedade Deportiva Río Sar, de acordo coas disposicións legais vixentes naquel entón, inscríbese no Rexistro Xeral de Clubs, Federacións e Entidades Deportivas, da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, o 2 de xullo de 1991, con número de rexistro 3135.

Convén apuntar que a Sociedade Río Sar é unha sociedade totalmente aberta a toda persoa amante do deporte do tiro e nos seus estatutos non se contempla ningunha restrición á afiliación, salvo a cota anual que todos os socios e socias teñen que satisfacer. Así mesmo, cómpre resaltar que os posibles beneficios das súas actividades son empregados na mellora das instalacións e no funcionamento do campo, xa que a S.D. Río Sar é, segundo os seus estatutos, unha Sociedade Deportiva sen ánimo de lucro.

Podemos dicir que a Sociedade Deportiva Río Sar é unha sociedade pioneira no tiro deportivo de Galicia, que foi fundada no ano 1972 e conta entre os seus asociados cos máis laureados tiradores de todas as modalidades deportivas. Ademais, dende a súa fundación veñen colaborando coas distintas federacións deportivas na organización de todo tipo de eventos deportivos tanto a nivel provincial e autonómico como incluso a nivel nacional.

 

Onde queres ir?
Categoría

Cerca de Campo de tiro Sociedade Deportiva Río Sar
Vilouchada - Parroquias
Trazo (1.46 km)
Mosteiro de San Vicenzo de Vilón - Arquitectura Relixiosa
Trazo (1.65 km)
Casa reitoral de San Vicenzo de Vilouchada - Patrimonio Civil
Trazo (1.66 km)
Igrexa e Cruceiro de Vilouchada - Arquitectura Relixiosa
Trazo (1.66 km)
Igrexa e Cruceiro de Santa María de Trazo - Arquitectura Relixiosa
Trazo (2.49 km)